Galicia360.com renóvase con máis imaxes en HD, novos puntos de vista e son ambiente
luns, 29 de abril do 2013
A
web Galicia360.com segue a
reinventarse a si mesma na procura do nunca visto en materia de
amosar as realidades turísticas da nosa terra. Os días pasados, a
empresa a
Fotopanorama (responsábel
destes servizo, sen dúbida un dos de maior experiencia en materia de
promoción turística galega) púxonos ao tanto dun novo proceso de
reinvención. O resultado son imaxes panorámicas e visitas virtuais
que se sitúan cada vez máis preto do que significa a experiencia de
atoparse in
situ
nos lugares que se amosan. En realidade, o obxectivo é ir alén
desta experiencia, mesmo achegando puntos de vista (como o
elixido para o espazo natural de Razo e Baldaio, unha vista aérea en
360 graos) dos que dificilmente poderemos dispor
na
nosa vida cotiá.
Cómpre
lembrar que o proxecto de Galicia360.com comezou a súa andaina xa
hai unha ducia de anos, e que polo tanto estamos a falar dun sitio
pioneiro neste tipo de imaxes panorámicas. A actualización que nos
están a presentar estes días os seus responsábeis ten que ver cos
novos enfoques engadidos e, tamén, coa aplicación de “moitas
melloras en imaxes en High Definition, incluíndose son ambiente,
xeolocalización e integración nas diferentes redes sociais”.
O proxecto, levado da man polo fotógrafo galego Ricardo Cambón e o
devandito estudo Fotopanorama, achegará en breve unha completa
listaxe de capturas de “zonas
máxicas de Galicia”,
sinala Cambón, entre as que se atopan dolmens, castros e outras
imaxes aéreas de espazos naturais de especial significado (na liña
da devandita paraxe Razo-Baldaio).