Galicia Dixital e Blusens achegan descontos sobre o dispositivo Web TV

xoves, 22 de xaneiro do 2015 Redacción

Galicia Dixital e Blusens están a achegar unha promoción tecnolóxica para os lectores do dito medio de comunicación en liña. Máis polo miúdo e seguindo coa liña de abrirse ás colaboracións posta en marcha por Blusens, ofrécese á comunidade de usuarios a posibilidade de conseguir un dispositivo Web TV do fabricante galego “por un prezo especial e durante tempo limitado”. Trátase, sinala Galicia Dixital, dun dispositivo acaido para vermos calquera contido en liña igual que se estiveramos diante do computador persoal “pero dende o noso sofá”.
O desconto en cuestión sería unha rebaixa de 10 euros sobre os 129 de prezo de mercado. Para acadarmos de xeito automático o código (GD2015) que posibilita a oferta, debemos premer no banner específico que se achega na web de Galicia Dixital que nos levará a unha páxina web con información sobre como aproveitar a promoción.

PUBLICIDADE