Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GalegoLab celebra o 17 de maio con concursos en liña e mensaxes na nosa lingua para o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GalegoLab celebra o 17 de maio con concursos en liña e mensaxes na nosa lingua para o mundo

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/05/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

GalegoLab_Letras_Galegas.jpgGalegoLab, a plataforma para o deseño e lanzamento colectivo de iniciativas de promoción do galego onde por desgraza xa non se le nin se escoita falar, rebule estes días de actividade arredor dunha festa que lle toca de cheo: o Día das Letras Galegas. Quen queira achegarse a galegolab.org verá, polo tanto, un bo número de propostas que lle poderán acaer mellor ou peor, pero que teñen en común a promoción da lingua e dun xeito máis específico a da 50ª convocatoria da festividade. Por exemplo: a posta en marcha dun concurso organizado en colaboración coa rede social latri.ca para fortalecer dúas cousas fundamentais: o uso do galego nas redes 2.0 e o coñecemento arredor dos nosos autores homenaxeados.
O certame en liña mantense activo ata o día 17, incluído, e require que publiquemos no noso perfil de latri.ca unha cita de autores e autoras conmemorados/as. A primeira persoa que acerte a quen pertence cada cita levará como premio un libro de Rinoceronte Editora. Para participar, como dixemos, só temos que rexistrarnos en latri.ca/signup.
Asemade, están e marcha o proxecto Lectura global en YouTube, aberto á comunidade internauta galega por enteiro. Consiste na achega dunha peza audiovisual de gravación propia na que recitaremos un poema, o extracto dunha obra dalgún dos nosos escritores festexados nas Letras Galegas. Por certo que na canle de GalegoLab en YouTube xa se poden ir vendo algunhas das pezas presentadas.
A maiores, GalegoLab quere celebrar a festa do 17 retomando unha proposta que xa nos chamou a atención o ano pasado: Agasallo sincronizado para o mundo. Do que se trata é de darlle unha reviravolta á iniciativa logo do éxito da primeira xeira, a de 2011, sendo a idea básica a de facer cada quen unha versión musical do tema Ti es dos meus. Todas as achegas persoais recibidas penduraranse na canle de YouTube do proxecto Agasallo para o mundo. O obxectivo: que o día das Letras Galegas felicitemos a nosa lingua coa versión que máis nos guste, facendo así que se escoite galego no meirande número de recantos do mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?