AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

GDGT, a plataforma de redes sociais dos gadgets

xoves 2 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os amantes dos trebellos electrónicos poden gozar a partires desta semana dunha nova plataforma de redes sociais chamada GDGT, obra de Ryan Block, editor xefe do blog tecnolóxico Engadget, e Peter Rojas, anterior profesional no mesmo cargo, polo que entendemos que estamos a falar dunha iniciativa claramente dirixida a un público tecnófilo.
En GDGT podemos crear un perfil persoal, crear unha listaxe de aparellos tecnolóxicos que posuímos, que desexamos ou que tivemos nalgún momento, así como facer amigos, aínda que a chave do sistema estará na base de datos xerada polos usuarios na que podemos atopar todo tipo de gadgets para despois comparalos ou simplemente para poder ver informacións, críticas e comentarios sobre os mesmos de cara a unha futura compra, polo que o éxito ou fracaso deste servizo dependerá en boa medida dos seus usuarios.
Para coñecer o seu funcionamento podemos ver un vídeo explicativo presentado por Veronica Belmont:

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS