Deputacon de Pontevedra

Gradiant

O noso boletín por e-mail conta xa con 3067 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia


Revista en PDF:

Descárgaa xa













 


Axencia Galega de Innovacion

AMTEGA



GALPon lanza en beta a versión 2.0 do sistema MiniNO

luns 10 de setembro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

Comezamos a semana cunha boa achega de software libre relacionado de xeito directo coa nosa terra, logo da publicación do novo informe de CENATIC (moi positivo no que se refire á presenza de código aberto nas empresas galegas) e, agora, cunha nova versión do sistema MiniNo, recurso moi indicado para computadores aos que non se queira someter a grandes consumos (cousa moi atinada neste tempo en que todo o que se faga polo sostible na enerxía é pouco) nin a grandes esixencias de hardware. Con todo, unha das grandes novidades da nova versión é que semella cubrir tódolos tipos de demanda, abranguendo a quen queira tirarlles bo partido ás cousas sociais que hai na Rede. A achega 2.0 vén de novo da man de GALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, e faino rebordante de novidades, como o emprego de Debian Wheezy como base e a adopción do escritorio de LXDE.
A nova versión, operábel en máquinas con características mínimas de 500Mhz con 128Mb RAM e 2.5Xb de disco ríxido (de aí cara abaixo aconséllase usar a versión 1.2), presenta dous instaladores:
· Instalador sinxelo, con dúas opcións: Normal (só pide datos moi sinxelos de entender por calquera novato) e Non preguntes, faino (pregunta que idioma queremos ter como predeterminado e pídenos que confirmemos a instalación tras avisarnos de que formatea toda a unidade.
· Instalador avanzado: lembra a existencia do instalador experto de Debian, para quen preciso un control total da instalación.
Esta versión engade o catalán como idioma inicial, grazas a José Angel Gallegos que fixo as traducións. Desta forma son catro os idiomas utilizables na Vivo e na instalación inicial, informa GALPon. A achega incorpora tamén a xestión de Bluetooth e máis a compatibilidade de modems 3G. Tamén se creou unha configuración de Tor para usala co navegador Midori e poder facer navegación anónima na Rede, só premendo nunha entrada de menú.
Incorporouse a maiores unha opción para restaurar toda a configuración inicial do escritorio, unha opción de escritorio para quen precise o estilo Gnome para traballar, a configuración automática de impresoras segundo sexan conectadas (sempre e cando o controlador estea instalado) e os navegadores Iceweasel e o devandito Midori. Amais disto, inseriuse un cronopete, “algo que agradecerá a xente que quere usar a Minino con fins profesionais pero tenlle respecto por si lle falla o disco HD (non esquezamos que estamos falando de máquinas que xa teñen os seus centos de miles de gravacións nas costas e que os discos quéixanse)”, informan dende o colectivo GALPón. Esta versión beta da que estamos a falar xa está dispoñíbel para a libre descarga.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa das Hedras 4 1º G (Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS