Fujitsu presenta un portátil cunha autonomía de ata 18 horas
mércores 17 de marzo do 2010, por |
Fujitsu anunciou
esta semana a ampliación da súa categoría de produtos proGREEN, con 2 ordenadores
de sobremesa ESPRIMO, 2 estacións de traballo CELSIUS e 2 portátiles LIFEBOOK,
que empregan tecnoloxía de baixo consumo e alto rendemento a un prezo
competitivo e dos que queremos destacar o caso do portátil LIFEBOOK E780,
dispoñible con pantallas de 14 ou 15,4 polgadas, certificación ENERGY STAR 5.0 e,
mediante o uso de 2 baterías, unha autonomía de ata 18 horas. O equipo tamén
conta cun adaptador de corrente moi eficiente, pantalla con iluminación LED e
un EcoButton que activa un modo que desconecta os compoñentes non esenciais
para o funcionamento do portátil, permitindo así incrementar a súa autonomía
ata 1 hora.

- A gama proGREEN aposta polo baixo consumo coma contribución ao medio ambiente
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















