Fujifilm anuncia unha cámara sen espello capaz de rexistrar o infravermello

luns, 3 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Fujifulm anunciou hoxe unha nova versión da súa cámara micro catro terzos Fujifilm X-T1 que presume de ser a primeira cámara da serie X con tecnoloxía de infravermellos, o que permítelle ver luz dende o ultravioleta, o espectro visible e o infravermello, á vez que tira proveito dos obxectivos Fujinon XF para conseguir uns magníficos resultados.
A cámara Fujifilm X-T1 IR pode resultar de utilidade para expertos de distintos ámbitos, como a diagnose clínica, escenas de crimes ou contornos científicos, xa que a tecnoloxía de infravermellos ábrelles numerosas posibilidades, xa que amosa información que non resulta visible para o ollo humano.
A nova cámara de Fujifilm, que ofrece un grado profesional para a captación de imaxes nun amplo espectro de imaxes, conta cun sensor CMOS II de 16,3 Mpíxeles, un procesador EXR de grande velocidade, un visor OLED de 2,36 Mpíxeles, unha pantalla LCD abatible de 3 polgadas e un corpo resistente ao po e á auga. Permite realizar time lapses e pode gravar vídeo en numerosos formatos chegando até Full HD a 60 cadros por segundo. Sairá á venda no mes de outubro e o seu prezo nos EE.UU. será de 1.699,95 dólares (1.551,69 euros).

PUBLICIDADE