FÃltranse un par de novos smartphones de Sony
venres, 31 de xullo do 2015
Anticipándose
ao seu anuncio oficial, filtráronse
a través da Internet tanto fotografÃas como as especificacións completas dun
par de smartphones de Sony que destacan conseguen destacar polos seus
marcos reducidos ou pola súa cámara, manténdose nunha gama media-alta, deixando
claro que Sony ten moito que ofrecer máis alá dos seus emblemáticos Xperia Z.
Por unha banda temos o enorme Sony Xperia C5 Ultra, un smartphone con pantalla
Full HD de 6 polgadas que en Rusia (paÃs de onde vén a filtración destes
terminais) custarÃa uns 22.000 rublos (324 euros) o que é un prezo aceptable
para un smarphone cun procesador MediaTek MT6752 de 8 núcleos a 1,7 GHz, 2 GB
de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD),
NFC, dobre SIM, baterÃa de 2.930 mAh e a curiosidade de que tanto a cámara
frontal como a traseira teñen sensor de 13 MpÃxeles e flash. Tamén destaca por
ter un marcos ao redor da súa pantalla de só 0,8 milÃmetros.
- O Sony Xperia M5 resulta moi interesante para os que busquen un smartphone cunha boa cámara que non teña un prezo esaxerado
Para un público máis amplo chegarÃa o Xperia M5, cunha pantalla Full HD de 5 polgadas, procesador MediaTek Helio X10 de 8 núcleos a 2 GHz, 3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD) cámaras de 21,5 e 13 MpÃxeles, resistencia IP65/68 ao po e á auga e baterÃa de 2.600 mAh, que terÃa un prezo duns 25.000 rublos (368 euros), de xeito que conseguirÃa entrar a competir con moitos dos smartphones de alta gama do mercado, por ofrecer unhas prestacións semellantes a un prezo inferior.