Filtran a imaxe da placa dunha futura Xbox 360 Slim
mércores 17 de marzo do 2010, por |
Distintos foros de Internet están
que ferven ao aparecer unha imaxe dunha placa base dunha Xbox
360 que corresponderÃa a un modelo novo que integrarÃa nun único chip a o
procesador principal (CPU) e o procesador gráfico (GPU) o que suporÃa un
importante aforro de espazo, unha redución do consumo enerxético e incluso é
posible que engadise certa seguridad
á consola de Microsoft, desafortunadamente popular polo seu problema coa luces vermellas.
De confirmarse que esta placa é verÃdica, o máis probable é que nos vindeiros
meses vexa a luz unha versión delgada
da Xbox 360, aÃnda que o feito de que este mesmo ano sexa o lanzamento do
produto resultante do Proxecto Natal, poderÃa tratarse dun lanzamento conxunto,
ou sexa, que parece bastante probable que poñan á venda unha nova Xbox 360 de
tamaño reducido empaquetada co futuro sistema de detección de movemento de
Microsoft.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















