Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Fillos.org sobrevivirá integrándose en Blogaliza

mércores 18 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Multitude de webs están ao amparo de Fillos.orgA primeiros do verán, falabamos do comezo do desmantelamento dos proxectos na Internet ao amparo de Fillos.org, que servían para conectar aos galegos na emigración, ante a imposibilidade de atopar quen collese o relevo desta iniciativa tras facer unha convocatoria aberta para tal, pero finalmente atopouse unha saída a esta crítica situación grazas á empresa Algueirada, responsable do servizo de blogues en galego Blogaliza, que vén de asinar un convenio de colaboración con Fillos de Galicia para evitar a desaparición do proxecto nacido en 1997 e que conseguiu sumar preto de 7.000 usuarios rexistrados.
Deste xeito, Fillos.org intégrase en Blogaliza, o que garante a súa supervivencia, aínda que outros proxectos de Fillos de Galicia como Atopadoiro.org continuarán baixo a xestión directa da súa asociación nai. Os responsables de ambas organizacións felicítanse polo acordo acadado e agardan que sente as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega no exterior.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS