Facebook toma medidas contra os dixomedíxomes

mércores, 21 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

As redes sociais fai cada vez máis doada a distribución de dixomedíxomes, e ante esta problemática dende Facebook optaron por mover ficha, e anuncian que van procurar frear a difusión de contos entre as novas da súa plataforma, de xeito que cando alguén identifique unha publicación como falsa poderá denunciala o que non provocará o seu borrado, senón que simplemente pasará a reducir a súa visibilidade entre os amigos e seareiros de quen a publicou. Tamén se incluirá unha anotación ás publicacións indicando que moitos usuarios de Facebook denunciaron a falsidade da información publicada.
Facebook non só pretende que se engane aos seus usuarios con información falsa, senón que tamén persegue evitar certas prácticas asociadas ás informacións deste tipo, que en moitos casos buscan captar unha atención inmerecida ou incluso atraer tráfico a certas páxinas web pouco recomendables.
Dende Facebook esperan que estas novas medidas non afecten a páxinas satíricas (lembremos que en moitas ocasións houbo publico e incluso medios de comunicación que deron por boas publicacións de espazos como El Mundo Today), pero esperan que certas páxinas de Facebook que publican falsidades con frecuencia vexan a súa visibilidade reducida.

PUBLICIDADE