Un grupo seleccionado de usuarios de Facebook poden probar dende a pasada noite unha nova funcionalidade chamada Facebook Lite, que aínda está en probas, e que sería unha versión simplificada do servizo, para axilizar a súa carga e funcionamento, o que podería resultar especialmente útil dende dispositivos móbiles.
O Facebook Lite daría prioridade ás funcións máis básicas do servizo, coma aceptar solicitudes de amizade, escribir no Taboleiro doutros usuarios, ver fotografías ou actualizar o estado de usuario.
Segundo parece, a pasada noite abriron accidentalmente esta versión de proba do Facebook lixeiro, pero agora volve estar restrinxido aos usuarios dentro do grupo de probas, polo que parece que aínda queda bastante tempo para que estea dispoñible de xeito xeral.
Facebook prepara unha versión lixeira da súa web
Compartir Este Artigo

