Facebook leva a súa mensaxería instantánea ao escritorio
venres 30 de decembro do 2011, por |
Hai poucos anos o Messenger de Windows era unha aplicación
de uso masivo, que para moitos internautas era a principal canle de
comunicación a través da Internet, pero foi perdendo pulo coa emerxencia das plataformas
de redes sociais, que tamén integran solucións de mensaxería instantánea, que
parecen querer converterse importantes tecnoloxías de comunicación, de aí que Facebook decidise
segregar a mensaxería da súa aplicación móbil (converténdose nun competidor
de solucións como Whatsapp) co Facebook Messenger, idea que agora tamén levan
ao escritorio.
O Facebook
Messenger para Windows é unha aplicación en probas que permite utilizar
Facebook sen entrar na súa páxina web directamente, permitindo que os usuarios
de Windows 7 poidan chatear e enviar mensaxes aos seus amigos de Facebook, ver
as actualizacións máis recentes dos amigos na información instantánea e recibir
notificacións rápidas sobre o que está a pasar.
A ferramenta filtrouse á web, e xa podemos
descargala oficialmente, o que agradecerán os amantes das aplicacións, que
gusten de estar conectados constantemente cos seus amigos aínda que non estean
a utilizar a web ou, simplemente, que desexen ter outra páxina web en primeiro
plano é á vez non perderse nada do que se move no servizo de Mark Zuckerberg.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















