AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Facebook cambia de imaxe e prepara un cliente de e-mail

venres 5 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os usuarios de Facebook viron hoxe como a páxina de inicio da plataforma de redes sociais volvía a mudar no que consideran que é unha simplificación, pero que inicialmente pode incomodar aos usuarios, que non reciben moi ben que muden unha interface de usuario á que están afeitos.
Entre os cambios máis destacables en Facebook estaría a reformulación do seu menú superior, a incorporación de novos filtros na barra lateral e modificacións no chat. Cómpre advertir de que este novo deseño está en probas, polo que non todos os usuarios accederían a el, aínda que agárdase que en breve convértase no deseño ordinario desta plataforma.
Michael Arrington, de TechCrunch, pola súa banda decidiu dar a coñecer que esta cambio non será o único de Facebook nos vindeiros meses, senón que internamente estarían a desenvolver o Proxecto Titán, que sería unha evolución do sistema de mensaxería de Facebook para convertelo nun cliente completo de correo electrónico, que empregaría coma enderezos de e-mail os nomes de usuario (quen os teña definidos) seguidos de @facebook.com, o que podería resultar moi practico para usuarios habituais deste tipo de plataformas que non consolidasen un enderezo de correo electrónico no pasado.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS