FIFA 15 chegará o 25 de setembro con Messi en portada

martes, 15 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Aproveitando o remate do Mundial de Fútbol e o feito de que Lionel Messi fose recoñecido como balón de ouro por cuarto ano consecutivo dende Electronic Arts quixeron anunciar a data de lanzamento do xogo FIFA 15, que no territorio europeo será o 25 de setembro, confirmado que a figura que ocupará a portada non será outro que Leo Messi, figura da selección de Arxentina de o F. C. Barcelona.
Messi xa apareceu na portada de FIFA Street, FIFA 13 e FIFA 14, polo que ás súas marcas (maior goleador do ano e o único xogador en conseguir o Balón de Ouro en catro ocasións) poderá sumar agora o número de veces que destacou no videoxogo de referencia do deporte rei.
O xogo FIFA 15 sairá inicialmente para PC, PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One, Wii, 3DS e PS Vita, ás que se sumarán tamén versións para dispositivos móbiles, aínda que cómpre destacar que serán as versións para consolas de nova xeración e PC as que integren as grandes novidades desta franquía, como un control co balón máis realista, un modelado dos xogadores máis detallado (parecéndose máis aos xogadores reais), presentacións dinámicas dos partidos, máis de 600 reaccións novas para que os xogadores reaccionen con intelixencia emocional, estados cheos de vida, loitas corpo a corpo que continúan a evolucionar e novas tácticas de equipo.


Trailer oficial do xogo

PUBLICIDADE