SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

FACUA denuncia que 2 de cada 10 consumidores parecen diariamente o spam telefónico

mércores 9 de novembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Unha enquisa realizada a 3.179 persoas por FACUA-Consumidores en Acción pon de manifesto que aínda que os usuarios pidan non volver a ser molestados por chamadas telefónicas comerciais, no 88% dos casos continúan a padecer o acoso telefónico, asegurando tamén que 2 de cada 10 consumidores recibiron chamadas comerciais nas últimas 24 horas.
Esta situación leva a FACUA a desenvolver unha campaña antispam que nas vindeiras semanas traducirase nunha batería de denuncias contra as empresas spammers para solicitar sancións contundentes e rematar coas prácticas de acoso contra os consumidores. No marco desta campaña tamén publicaron unha guía de 48 páxinas que podemos descargar en formato PDF titulada O spam: qué é e cómo enfrontarse a el.
Dende FACUA aseguran que as operadoras de telecomunicacións lideran o spam telefónico, asegurando recibir chamadas das mesmas o 79% dos consultados, moi por diante do segundo colectivo en realizar este tipo de prácticas, o dos seguros, que queda nun discreto 5% dos usuarios.
FACUA tamén lembra aos consumidores que o feito de que as compañías continúen a chamar ou remitir correos electrónicos despois de amosar a nosa oposición é ilegal, detalle que só parecen coñecer o 24% dos enquisados.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS