FACUA anima aos consumidores a reclamar ante os abusos das operadoras de telefonÃa móbil
xoves, 27 de decembro do 2012
Para rematar o ano con forma, FACUA-Consumidores en Acción
tira proveito das redes sociais para instar aos usuarios a denunciar os abusos
das operadoras de telefonÃa móbil a través dun novo espazo na súa páxina web,
dunha sección
na súa páxina de Facebook e a través de Twitter mediante o hashtag #movilderechos, procurando que
estas canles sirvan para informar aos consumidores dos seus dereitos e
detallando como debe facerse para reclamar.
Como complemento desta campaña FACUA tamén vén de editar unha guÃa en
liña titulada Tus derechos en la
telefonÃa móvil que pode
descargarse de balde en formato PDF e na que figura a información coa que
defenderse dos abusos das operadoras móbiles, informando dos dereitos e expondo
aos usuarios posibles solucións ante prácticas como o incumprimento de ofertas
comerciais, altas en contratos ou servizos non solicitados, baixas non
tramitadas, penalizacións abusivas, portabilidades fallidas ou fóra de prazo,
ou servizos de tarificación adicional.
- FACUA aposta polas redes sociais para animar aos consumidores a reclamar ante os abusos das operadoras móbiles