SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Este mércores próbanse globalmente os enderezos IPv6

martes 7 de xuño do 2011, por Redacción | | Compartir | |

JPEG - 51.9 KB
Un dos escudos que representan a celebración deste mércores

Este mércores celébrase o Día Mundial do IPv6, unha iniciativa organizada pola Internet Society coa colaboración de máis de 400 organizacións que busca realizar unha proba masiva de a viabilidade dos enderezos de Internet IPv6 creados para evitar as limitacións do actual sistema de numeración (IPv4) que podería esgotar os seus enderezos libres este mesmo ano.
Con esta celebración, durante 24 horas os principais servizos web (como os que ofrece Google) e moitas operadoras (como o operador de cable R), activarán o IPv6 o que debería permitir que o 99,95% dos usuarios da Internet non perciban o cambio de ningún xeito, grazas aos esforzos realizados nos últimos anos, mentres que o 0,05% restante podería experimentar un acceso máis lento ou algún outro problema con servizos dentro desta iniciativa, o que axudará a analizar a situación actual.
Os usuarios que queiran saber se poden estar tranquilos sobre a futura adopción do IPv6 poden visitar unha páxina web creada por Google na que verifícase a compatibilidade con IPv6 do noso equipo.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS