Esta noite poderían mandarse ata 50.000 millóns de SMS a nivel mundial

luns, 31 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Pese á emerxencia de plataformas como WhatsApp que facilitan a comunicación móbil sen pagamento por mensaxe, Informa Telecoms & Media prognostica que esta noite enviaranse entre 40.000 e 50.000 millóns de mensaxes de texto dende o móbil a nivel mundial, o que viría provocado polo incremento do número de terminais móbiles globalmente. De de Informa tamén destacan que WhatsApp, iMessage e plataformas semellantes provocarán un importante incremento do tráfico de datos, de xeito que esta noite será un deses momentos nas que as infraestruturas de telecomunicacións póñense a proba.
A adopción das mensaxes de texto por parte do público aínda medra na escala global, pero nos países nos que as TIC están máis establecidas comeza a súa decadencia, precisamente no seu 20º aniversario, pois a primeira SMS da que se ten constancia data do 3 de decembro de 1992 na rede GSM de Vodafone en Reino Unido. ¿Poderá manter este servizo o seu pulo actual ou verase totalmente asimilado polos sistemas de mensaxería instantánea baseados na Internet?

PUBLICIDADE