Por moito que Steve Jobs insista en que a tecnoloxía Flash non é necesaria nos terminais móbiles coma o iPhone ou o iPod Touch, este parecer non é compartido por milleiros de usuarios, que ao chegar á App Store a aplicación Skyfire Web Brower por 2,99 dólares botáronse en masa a adquirila, o que levou a Skyfire Labs a, tras só 5 horas, retirar o produto da venda de xeito temporal, posto que este programa que abre o acceso a vídeos en Flash converténdoos nos seus servidores a HTML5 (compatible co iPhone) estaba a consumir demasiados recursos, de xeito que teñen que reescalar os seus sistemas para poder soportar a crecente demanda.
Este interesante navegador web non só abre o acceso a vídeos en Flash (de xeito que non só podemos ver vídeos de YouTube no iPhone), senón que tamén incorpora a posibilidade de compartir calquera web que visitemos a través de Facebook e Twitter dun xeito doado, conta cun modo Desktop para cargar as páxinas web na súa versión e escritorio (en vez da versión móbil, que nalgún caso é excesivamente simple e carece de opcións importantes), ten modo privado de navegación (que non deixa rastro das páxinas visitadas) e outras interesantes funcionalidades.
Cómpre advertir de que o soporte de Flash de Skyfire está limitado aos vídeos, de xeito que, elementos coma os xogos en Flash continuarán a estar afastados o iPhone.
Explicación do funcionamento da versión para iPhone do Skyfire Web Browser
Esgótase unha aplicación para iPhone que permite ver vídeos en Flash
Compartir Este Artigo

