AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Epic Mickey terá edición para coleccionistas

luns 30 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

As publicacións de xeito anticipado en tendas en liña de produtos sen confirmar son unha das canles máis habituais de filtracións nos últimos anos, e nesta liña Toy’R’Us vén de colocar no seu catálogo toda unha sorpresa para os usuarios da Wii, unha edición de coleccionista do último xogo de Warren Spector exclusivo para tal plataforma, Epic Mickey.
Este título previsto para a tempada de Nadal, pese a non ser para unha das consolas de alta definición (nas que as edicións de coleccionista son máis frecuentes do que deberían) poderá adquirirse cun disco extra cunha reportaxe sobre a súa creación, adhesivos para decorar a Wii e o seu mando e unha figura do rato Mickey de 13 centímetros de altura. Todo isto virá nunha fermosa caixa decorada co protagonista da aventura experimentando coa pintura e custará 69,99 dólares nos EE.UU. (20 dólares máis que a edición ordinaria), estando sen confirmar se chegará a España nesta edición especial.
De todos os xeitos, non será preciso mercar a edición de coleccionista de Epic Mickey para quedar impresionado, pois o seu trailer oficial xa apunta maneiras:

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS