empresas
Situm pecha con éxito unha rolda de financiamento con Amadeus Ventures
A empresa galega Situm, responsábel da innovadora plataforma do mesmo nome para a localización e navegación en interiores, vén de pechar con éxito unha rolda ponte con Amadeus Ventures, o brazo corporativo de investimentos de Amadeus (empresa referente no ámbito das TIC para a industria mundial da viaxe), unha rolda de investimento na que tamén participan as (...)
Ler máisVodafone agasalla aos clientes con datos e chamadas sen límite o 14 de febreiro
Con motivo da celebración do día de San Valentín, este 14 de febreiro, Vodafone vén de pór en marcha unha nova campaña específica ao servizo dos seus clientes e, por suposto, das demandas extra de comunicación e información propias desta data. Segundo informa a compañía, os seus usuarios poderán gozar de chamadas nacionais, así como de datos sen límite para navegar (...)
Ler máisSIVSA desenvolve o sistema de pólizas de PSA FS
A firma galega SIVSA, responsábel da plataforma Fenix para optimizar a xestión das clínicas e os profesionais médicos, vén de desenvolver o novo sistema de xestión e seguimento das pólizas de seguro para vehículos a motor de PSA Financial Services, co-empresa posta en marcha entre o grupo automóbil PSA Peugeot Citroën e o Grupo Santander. Segundo informa SIVSA, (...)
Ler máisAdxudicado a SIVSA o sistema galego de apoio á xestión de trámites dos establecementos de acuicultura
O Goberno autonómico adxudicou á empresa galega SIVSA a creación, posta en marcha e mantemento dun sistema de apoio na tramitación da xestión dos procedementos relacionados cos establecementos de acuicultura.
Ler máisVelneo permite ás empresas desenvolver proxectos tecnolóxicos en cuestión de días
Velneo, empresa galega especializada en desenvolver solucións low code (metodoloxía de programación que permite crear aplicacións de xeito máis rápido e automatizado), vén de anunciar a nova versión da súa plataforma de desenvolvemento específica para empresas que empreguen o castelán como lingua (...)
Ler máisBalidea presenta tecnoloxía intelixente para a construción sustentábel en madeira
Balidea presentou este mes de xullo o prototipo da ferramenta intelixente do Grupo Operativo Madera Construcción Sostenible (GO Madera). E fíxoo o pasado 23 no marco da celebración online dos Encontros Multisectoriais, en cuxa última sesión o responsábel técnico da compañía TIC da nosa terra, Felipe Rivero de Aguilar, deu a coñecer os detalles do proxecto, no (...)
Ler máisAs metodoloxías áxiles e o seu futuro, ao detalle nunha xornada formativa impulsada por Vitae
O vindeiro 21 de novembro temos unha cita en Vigo con boa parte das metodoloxías máis avanzadas para poñernos na pel dos usuarios dos nosos servizos, sendo quen de atopar as súas demandas mesmo antes de que sexan formuladas. Estamos a falar do evento Xestión de Proxectos Áxiles vs. Xestión de Organizacións Áxiles, unha cita formativa, de balde, na que se (...)
Ler máisAs respostas aos nosos desafíos ante o Big Data, nun novo obradoiro de Vitae
Un equipo humano axeitado e os recursos máis indicados para tirar proveito da información, o gran valor do noso tempo, son elementos fundamentais para garantir o éxito de calquera proxecto empresarial, máis aínda se o proxecto en cuestión é innovador e tecnolóxico. Pero, que acontece se a información medra a pasos axigantados (Big Data) e tamén medran as fontes (...)
Ler máisDinahosting optimiza a xestión de datos dos seus servizos con NetApp
A empresa Dinahosting, referente galego e estatal en aloxamento web e dominios, vén de poñer a punto a xestión de datos dos seus servizos con NetApp, a multinacional do almacenamento informático e o manexo de información. A optimización responde un reto concreto: o desafío de contar cos mellores recursos para encarar unha maré de coñecemento que “sube” a tempo (...)
Ler máisR e APD renovan o seu traballo conxunto a prol da transformación empresarial
R vén de renovar o seu acordo coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD), entidade de ámbito estatal que ten unha longa e rica bagaxe en formación, divulgación e networking ligado ás novas tecnoloxías, a Industria 4.0, a intelixencia nos negocios e a transformación dixital. Na renovación da alianza, formalizada na sede da operadora na Coruña, participaron (...)
Ler máis0 | ... | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | ... | 690