Eliminan o perfil de Esperanza Aguirre en Tuenti
mércores, 25 de novembro do 2009
- É doado atopar en Tuenti numerosos perfÃs correspondentes a formacións polÃticas
A
formación madrileña do Partido Popular denuncia que o perfil da súa presidenta,
Esperanza Aguirre, na plataforma de redes sociais Tuenti, foi
eliminado sen previo aviso en outubro xusto un mes despois de que unha
firma de capital risco participada pola familia Polanco «decidira mercar o 20% da rede social».
Dende Tuenti responderon aos responsables do equipo web do PP de Madrid que tal
decisión foi por incumprir as condicións de uso do servizo, que só permiten a
creación de perfÃs de persoas reais, e non de asociacións ou de persoas ficticias
(ou administradas por terceiros), o que tampouco parece estar a ser moi
rigoroso, pois na actualidade existen ducias de perfÃs asociados ás formacións
polÃticas españolas e a figuras públicas coa MarÃa Teresa Fernández de la Vega,
Pérez Rubalcaba, José Luis RodrÃguez Zapatero, Alberto Núñez Feijoo ou Mariano
Rajoy que claramente non son contas persoais e que infrinxen distintos puntos
das condicións
de uso de Tuenti, nas que está bastante claro que non está permitido
crear perfÃs en nome de partidos polÃticos e asociacións.
É de agardar que nos vindeiros dÃas dean algún tipo de explicación ante este
trato discriminatorio, e dende Tuenti deberÃan optar decididamente entre
cambiar as súas condicións de uso ou eliminar de vez a todos os perfÃs
irregulares na súa rede.