En 1994 Shiny Entertainment lanzou para Mega Drive un xogo protagonizado por un verme chamado Jim, que contou cunha boa acollida, adaptándose ao ano seguinte a distintas plataformas de xogo (como a Super Nintendo, a Game Boy, a Game Gear ou o PC) e agora rexurde a 3,99 euros na App Store de Apple, de xeito que os usuarios do iPhone e do iPod Touch poder rememorar as aventuras de Earthworm Jim, un superheroe que deberá rescatar á Princesa ¿Cuál Es Su Nombre? e frustrar os maléficos plans de Psy-Crow e a Raíña Arrastrada.
Este xogo de plataformas permite correr, disparar, pendurarse de ganchos, lanzar vacas, correr polo espazo… enfrontándose a 12 tipos de inimigos e 9 xefes ao longo de 10 escenarios orixinais divididos en 16 niveis.
Aínda que o xogo conta cunha banda sonora orixinal reversionada, tamén é posible acceder á biblioteca do terminal de Apple para escoitar música almacenada no mesmo durante as partidas.
Earthworm Jim chega ao iPhone
Compartir Este Artigo

