EGANET dá a coñecer os finalistas dos premios que entrega este xoves en Santiago
martes 27 de marzo do 2007, por | |
| Compartir |
Xa sabemos os nomes dos 27 finalistas dos Premios EGANET, os que convoca cada ano a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías e que nesta cuarta edición entréganse este xoves 29 no Auditorio de Galicia a partir das 18.30 horas nun acto que contará coa presenza de Fernando Blanco, conselleiro de Innovación. Os finalistas foron seleccionados por un xurado constituído por profesionais galegos vinculados á Sociedade da Información, que tiveron que levar a cabo a escolma a partir de 163 candidaturas. Amais das nove categorías incluídas que citamos a continuación, EGANET engadirá un Premio Especial encamiñado a recoñecer o proxecto, entidade ou personalidade galega que máis teña contribuído a afianzar o us das redes na realidade galega.
Estas son as candidaturas cos seus finalistas:
· Premio Iniciativa: Arume Desenvolvementos Informáticos (A Coruña), E2E Información Services S.L. (Vigo), Quobis Networks (Porriño).
· Premio Software Libre: Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) (Santiago), IES Chan di Monte (Marín) , Imaxin Software (Santiago).
· Premio Net-Art: ImaginaNovas Tecnoloxías S.L. (O Grove), Interacción CIM S.L (Vigo)., Visual Publinet (Vigo).
· Premio Comunicación Web: Cristina Ayala (A Coruña) , Interacción CIM S.L.(Vigo) , Editorial Compostela, S.A (Santiago).
· Premio Comunicación Institucional: Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo (Vigo), Imaxin Software (Santiago), Información e Comunicación Local (Santiago).
· Premio Aplicación Online: Satdata Telecom (Culleredo), Pexego Sistemas Informáticos S.L. (Lugo), Loroestudio S.L (Ferrol).
· Premio E-Comerce: Guillermo e Hijos S.L. (Monforte de Lemos), Información e Comunicación Local (Santiago), IP Publicidad y Multimedia, Grupo Femxa (Vigo)
· Premio Mellor Campaña Publicitaria na Rede: Abertal Networks S.L.: campaña publicitaria Galicia Calidade (Carballo); Galiciabanner: campaña publicitaria Pescanova (Vigo), La Nuestra Comunicación Publicitaria S.L.: campaña publicitaria da Formación Profesional para a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oleiros).
· Premio Tecnoloxía Accesible: Arume Desenvolvementos Informáticos (A Coruña), Concello de Abegondo (Abegondo), TADEGa.net (A Coruña).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














