Dúas webs galegas, entre as mellores do mundo polo seu deseño
venres 12 de xuño do 2009, por | |
| Compartir |

- Gonzalo García Figueroa e Miguel García García, directores de Grupo Promedia
A prestixiosa publicación internacional de deseño web, Web Design Index by Content, que recolle
as mellores páxinas do ano e arquívaas en categorías por sectores profesionais,
vén de seleccionar, no seu último número, dous traballos realizados pola
empresa compostelá Grupo Promedia, que son,
cursoimplantologia.com
e afabricadevilanova.com,
dous sitios web que a firma galega desenvolveu para distintos clientes no
último ano.
Os criterios de selección seguidos por esta publicación de
referencia no sector para escoller os sitios do ano, baséanse na calidade, na
innovación e na eficacia do deseño, cualidades que reunían de sobra as dúas
webs galegas, desenvolvidas, respectivamente, para a Unidade Docente de
Cirurxía Oral da Facultade de Odontoloxía da USC e para o restaurante A Fábrica
de Vilanova, do laureado chef André Arzúa, de Allariz.
Na imaxe, os empresarios Gonzalo García Figueroa e Miguel
García García, directores do Grupo Promedia.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














