Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Dispoñible para a súa descarga o Trisquel GNU/Linux 3.0

venres 11 de setembro do 2009, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

O sistema operativo de código aberto Trisquel GNU/Linux estrea versión 3.0 baixo o nome chave Dwyn, que inaugura unha nova serie de versións con soporte a curto prazo e incluíndo versións moi recentes do software, cun maior rendemento e maior compatibilidade de hardware.
Este lanzamento conta con dúas edicións: a versión estándar e unha mini (orientada aos ultraportátiles ou a ordenadores de reducida potencia, e que estará dispoñible para a súa descarga nos vindeiros días). A versión estándar continúa a incluír as ferramentas fundamentais para construír un completo escritorio informático, mentres que a versión mini céntrase en solucións que consuman poucos recursos do sistema.
A versión estándar de Trisquel GNU/Linux 3.0 inclúe a versión 2.6.28 de Linux-libre, GNOME e Evolution 2.26, OpenOffice.org 3.0, GIMP 2.6 e un navegador web feito a medida e baseado en Mozilla. Tamén conta con utilidades coma Pidgin, Inkscape, Transmission, Brasero, Elisa… e mesmo xogos. Sobra dicir que tanto o sistema operativo como as aplicacións están debidamente traducidas ao galego.

JPEG - 42 KB
Trisquel inclúe o galego entre as súas linguas principais

Publicidade:





Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa