SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Dispoñible na Rede un software galego para a xestión de refugallos nas empresas: TEIXO

xoves 27 de maio do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

A normativa por unha banda e a propia conciencia medioambiental de cada quen van mudando, se cadra máis devagar do que sería desexable, os sistemas de control que as empresas teñen sobre os seus refugallos. A este proceso de mellora tamén contribúe a innovación informática, que pon en xogo ferramentas que automatizan procesos e fan por nós labores que doutro xeito nos obrigarían a importantes investimentos. Nesta liña sitúase precisamente a plataforma galego TEIXO, achega de software estándar para a xestión de residuos especialmente dirixida a produtoras, xestoras e transportistas deste tipo de materiais. A plataforma, que se presenta de balde cunha serie de interesantes funcionalidades para o control da xestión dos refugallos (perigosos ou non perigosos), vén da man de TEIMAS (Tecnoloxías da Información MedioAmbienaiS), firma compostelá creada hai uns dous anos e co obxectivo de ofrecer produtos informáticos ao servizo da nosa natureza e do seu coidado. Ofrécese ademais en dúas versións: en galego e castelán.
A plataforma en cuestión ten unha serie de puntos ao seu favor que probablemente acaben por convertela nunha das grandes achegas tecnolóxico-informáticas da tempada, vantaxes entre as que se conta a súa disposición na Rede ao alcance dos usuarios, onde se atopa en réxime SaaS (software como un servizo), polo que as empresas que queiran tirar partido dela só precisarán dun navegador para empregala. Con isto, informa a empresa, reduciranse de xeito drástico os custes de implantación do sistema e facilitarase a incorporación de novos contidos e funcións. A ferramenta, que ten especial valor polo escaso que se amosa o panorama TIC de sistemas de xestión de residuos, está neste intre en fase de desenvolvemento (beta). Con todo, as empresas xa poden ir rexistrando os seus datos e os dos seus contactos e clientes, co fin de localizalos no Google Maps e ir dándolle forma logo á súa carteira de procesos e refugallos, xerando pois as noticiacións de traslado e documentos de control e seguimento de residuos perigosos.
O sistema”, engade a empresa, “está adaptado á linguaxe e3l, “estándar electrónico de intercambio de datos a nivel estatal para a comunicación da información relativa á xestión de residuos coas distintas administración tanto autonómicas coma estatais e entre as empresas participantes no proceso de produción, recolla e transporte de residuos”.
TEIMAS, que na última edición dos Premios Eganet fíxose co primeiro galardón na categoría E-emprendedores, proxecta ampliar a plataforma nunha segunda fase para cubrir tamén as necesidades doutras empresas do sector como consultoras, enxeñerías e asesorías ambientais.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS