Disney Channel substituirá a Fly Music na TDT a partir do 1 de xullo
xoves 29 de maio do 2008, por | |
| Compartir |

- Kim Possible e Hannah Montana son dúas das series que se poderán ver na nova canle de TDT
Trala súa entrada no accionariado de
Net TV só era cuestión de tempo que a Disney dese o salto á
Televisión Dixital Terrestre en España, e finalmente o cambio ten data fixada,
e a partir do 1 de xullo a canle Fly Music abandonará a pequena pantalla para
ser substituída pola canle temática Disney Channel, de
xeito que a oferta televisivo infantil en aberto mellorará substancialmente.
Os cativos españois xa poderán sumarse a fenómenos televisivos coma Hannah Montana ou High School Musical sen ter que pagar por acceder a tales contidos
(aínda que Disney continuará a ofrecer máis canles de pago coma Playhouse
Disney ou Toon Disney), o que resulta unha boa nova nun momento no que a
programación infantil está case ausente na grella de programación das canles de
televisión analóxica, e que na TDT ten o seu refuxio.
O salto de Disney Channel á televisión en aberto pretende incrementar
os ingresos por publicidade da compañía, que prometen ser mellores
que os que se achegan a través de servizos de pago (en vista dos malos
resultados económicos de Digital+). Dende a compañía aseguran que nos
anuncios «non nos imos a limitar aos
produtos puramente infantís, senón que, por suposto, haberá cabida para todo
tipo de contidos familiares, que van dende os coches ata produtos para os avós».
Aínda así, os contidos da canle televisiva tamén cambiarán ao abrirse na TDT, o
que levará a axustes para adaptarse á audiencia que vaian captando.
Algúns
usuarios botarán en falta a desaparición de Fly Music da oferta televisiva en
España, pero na situación actual (na que a metade da programación estaba
composta por contidos de teletenda) estaba claro o desinterese de Vocento por
manter un produto do que non foron capaces de tirar rendemento económico.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














