Digital+ elimina distintas canles (como a TVG) da súa grella

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de Digital+ están a ver como a plataforma de televisión de pago reduce a súa oferta de canles e comprime o sinal de canles en definición estándar para poder facer sitio para novos contidos en alta definición e así durante o mes de novembro pode verse a desaparición das canles temáticas Cartoon Network +1 e Nick +1, e outras canles coma TVV Internacional, TV Canaria Sat, Popular TV, ETB Sat e mesmo a TVG, de xeito que os galegos que están fóra da nosa comunidade ven dificultadas as súas opcións para acceder á canle pública galega.
Algunhas das canles desaparecidas da oferta de Digital+ están a buscar outros espazo nos satélites, e a TVG xa conta cun novo espazo no Astra, mentres que TVV Internacional fixo o propio no Hispasat e TV Canaria Sat fixo o propio con ambos satélites.
As emisoras de radio latinas Radio Caracol (Colombia), Radio Continental (Arxentina), RPP Noticias (Perú), Tropicana (Colombia), FM2 (Chile) e Radio Aktiva (Colombia) tamén desaparecen da oferta de Digital+.

PUBLICIDADE