Diaspora, a alternativa aberta a Facebook botará a andar en outubro
martes 31 de agosto do 2010, por |

- O equipo detrás de Diaspora
Nos últimos días comentábase que o lanzamento de Diaspora, unha plataforma aberta que aspira a consolidarse como unha alternativa a Facebook, sería o vindeiro 15 de setembro, pero os seus responsables tiveron que matizar que en tal data o que fará será liberar o código aberto do seu proxecto, e non será ata o mes de outubro cando pretenden lanzar unha versión alfa para usuarios finais, de xeito que aínda tardaremos en ver algo que poida arrebatar usuarios a Facebook, pois deberá innovar considerablemente creando certo valor que poida levar a internautas ordinarios a mudar a esta nova plataforma, pois o factor do desenvolvemento aberto non é un valor en si mesmo, senón que deberá acompañarse co aproveitamento que tal permite, pois os desenvolvedores non terán tantos atrancos para a súa creatividade como en plataformas pechadas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















