Desestiman a demanda civil contra Elrincondejesus.com
luns 15 de marzo do 2010, por |

- Jesús Guerra, responsable de Elrincondejesus.com, a carón do seu avogado, Carlos Sánchez Almeida, nunha imaxe publicada por El Mundo.
Nos últimos anos as
industrias discográfica e cinematográfica emprendeu numerosas accións contra
páxinas web dedicadas ao intercambio de arquivos audiovisuais a través de redes
P2P, pero os xulgados sempre consideraron que os feitos denunciados non supoñen
delito punible pola vía penal, o que levou aos denunciantes a cambiar a súa
estratexia e recorrer á vía civil, sendo o primeiro dos casos deste tipo que
chega a unha sentenza o relativo á web Elrincondejesus.com, que hai preto dun
ano xa conseguira que o maxistrado Raúl N. García Orejudo, do Xulgado Mercantil
nº 7 de Barcelona, rexeitase
impor medidas cautelares á web denunciada, e finalmente concluíu coa
desestimación
íntegra da demanda formulada pola Sociedade Xeral de Autores e
Editores (SGAE), aínda que esta sentenza non é firme.
Estariamos así ante unha sentenza histórica, pois senta un precedente moi
importante ao asegurar claramente que o intercambio de arquivos a través da
Internet non vulnera os dereitos de propiedade intelectual e, máis
concretamente, que as
páxinas web con ligazóns a redes P2P non supoñen unha explotación das obras
sempre que os ficheiros intercambiados veñan dunha fonte lexítima, non se
comercialice con eles e non se realice unha comunicación pública (considérase
que o intercambio entre particulares é un acto de copia privada).
Queda agora por ver se esta sentenza (descargable
en formato PDF) influirá ao Goberno e á súa formulación da Lei de
Economía Sustentable na que pretendían establecer medidas contra o intercambio
de ficheiros na Rede, pois resultaría bastante contraditoria a creación dunha
comisión dedicada a perseguir unha práctica que os xuíces non consideran
ilegal.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com


















