Desenvolvedores galegos de videoxogos compartirán unha mesa de debate na Coruña este mércores

luns, 24 de outubro do 2016 Redacción

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña ten esta semana un completo programa de actividades que van dende proxeccións até obradoiros infantís, pasando por uns foros de debate que dan en chamar mesas cadradas, e que mañá mesmo principia cunha ao redor de Videoxogos, Animación e Ficción, no que achegaranse aos proxectos de fin de grao da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Pero esta non vai ser a única actividade na que se achegarán ao sector dos videoxogos, senón que o mércores ás 12:00 horas no Forum Metropolitano tamén terán lugar unha mesa cadrada sobre Videoxogos Made-In-Galicia¸ conducida por Marcus Fernández, webmaster de Código Cero, e que contará coa presenza de profesionais do sector galego dos videoxogos. Concretamente estarán presentes os profesionais da tradución Ramón Méndez e Alba Calvo; os desenvolvedores independentes José Gamelo e Pilar Cela; e os membros de Gato Salvaje Studio, Sergio Prieto e David Martínez.
A sesión de debate pretende achegarse ao proceso creativo de videoxogos, aos atrancos que supón desenvolver dende Galicia, á importancia da localización e incluso aos grande retos da comercialización nun mercado saturado e globalizado no que cada vez é máis complicado facerse un oco.

PUBLICIDADE