Denuncian que Google incluÃu a España nunha listaxe de paÃses que censuran a Internet
xoves 11 de marzo do 2010, por |

- Nicole Wong con representantes de Yahoo, Human Rights Watch e Cisco no Senado de EE.UU.
O diario El PaÃs
publicou hoxe que Google
incluÃu a España na listaxe de paÃses censores de Internet, ou iso entendeu
a cabeceira de prensa por unha vista oral na Cámara de Representantes de EE.UU.
sobre democracia, seguridade e liberdade de expresión na Rede, onde analizaban
as técnicas dos distintos Gobernos no control de páxinas web, onde mencionouse
o caso do bloqueo por mandado xudicial en 2007 de 2 blogs que pedÃan o boicoteo
a produtos cataláns.
Ante esta polémica, dende Google remitiron unha carta ao Ministerio de
Industria destacando que teñen
«moi claro que en España non se exerce a
censura na Internet», engadindo que «non existe ningún feito na actualidade que faga considerar a España
coma un paÃs no que están limitadas as actividades desenvolvidas na Internet».
Segundo parece, a avogada de Google, Nicole Wong, só mencionou a España coa un
paÃs no que bloqueouse algunha bitácora hospedada en Blogger, pero tal
declaración non estaba acompañada por unha acusación de censura.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















