Moitos fabricantes de informática tenden a apostar polo público corporativo para captar clientes, pero de cando en vez explorar outros mercados e Dell parece querer ir por ese camiño con Della, un apartado da súa páxina web que iría destinado a mulleres, de xeito que facilita información sobre equipos que consideran atractivos para o público feminino coma os ultraportátiles Dell Inspiron Mini 10, os equipos personalizados con deseños de Deanne Cheuk, algúns equipos que poden adquirirse con distintas aparencias (coma o Inspiron 15, o Studio 15 e o Studio 17) e mesmo accesorios coma bolsos para transportar o equipo informático con estilo.
Aínda que esta nova campaña de Dell pareza bastante tópica, o certo é que distánciase bastante do que fan outros fabricantes na actualidade, pois limítanse a lanzar modelos en rosa dos seus produtos (ou adornados por cristais de Swarovski) en vez de contar con promocións integrais.

Dell estrea unha web para achegar ao público feminino aos seus produtos
Compartir Este Artigo
