DOOM rexurdirá o 13 de maio

xoves, 4 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Este ano volve o clásico DOOM para PC, Xbox One e PlayStation 4, e finalmente Bethesda deu conta da data de lanzamento do xogo que está a desenvolver id Software, que será o 13 de maio, e non se conformará cun lanzamento discreto, senón que contará cunha Edición Coleccionista Premium que incluirá o xogo en caixa metálica e unha figura de 30 centrímetros cunha base xiratoria con iluminación LED, e que previsiblemente será dunha edición bastante limitada.
Tamén deron conta do feito de que os usuarios que reserven o xogo accederán a contido exclusivo para o modo multi-xogador, que contará cun conxunto de armadura personalizable con 3 skins diferentes, 6 pinturas metálicas para aplicar a armas ou armadura, tres patróns co logotipo de id para aplicar a armas e armadura e 6 módulos de hackeo que desbloquearán instantaneamente varias recompensas.
O xogo recuperará a acción frenética na que ter que aniquilar hordas de demos que chegan das profundidades do Inferno, que tamén contará con modos multi-xogador e un editor de mapas que poderán compartirse co mundo enteiro. Para que vaiamos facéndonos unha idea do que atoparemos, veñen de estrear un novo vídeo promocional:

PUBLICIDADE