SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Courier: o Tablet segredo de Microsoft

mércores 23 de setembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Dende o blog tecnolóxico Gizmodo crearon bastante rebumbio tras filtrar imaxes dun prototipo de Microsoft chamado Courier, composto por dúas pantallas multitáctiles de 7 polgadas , que poderían funcionar tanto cos dedos coma cunha stylus, de xeito que combinaría un manexo semellante ao do iPhone coa posibilidade de funcionar coma un caderno ou un Tablet PC, aínda que cun formato semellante ao dun libro, polo que xa o definen coma un booklet.
Este dispositivo estaría nun estado moi avanzado, pero iso non quere dicir que vaia comercializarse, xa que polo momento só é un produto de laboratorio, do que están a pulir a súa interface de usuario. De todos os xeitos, ao estarse a rumorear que Apple podería comercializar un Tablet para o ano que vén, non sorprendería moito que Microsoft promovese algún produto deste tipo, especialmente ao anunciar dende Gizmodo que durante os vindeiros días van dar máis detalles sobre este orixinal prototipo.


Vídeo con detalles sobre o Courier
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS