Convocado un certame para obtermos a mellor fotografÃa de Caión co noso móbil
venres, 31 de outubro do 2014
Mar de Caión e o Concello de Laracha están a
organizar no Facebook un
concurso de fotografÃa feita con dispositivos móbiles. O
certame, que se insire na segunda fase do proxecto financiado con
fondos europeos Mar de Caión, ten como obxectivo dar a coñecer e
impulsar os recursos paisaxÃsticos, turÃsticos, etnográficos,
sociais e económicos da contorna da vila costeira de Caión. O
concurso desenvolverase até o 9 de novembro. A autora ou autor da
fotografÃa gañadora gozará dun xantar ou cea nun local da Rede de
Hostaleiros Mar de Caión.
A ferramenta escollida para a celebración deste
concurso é a rede social Facebook, na que Mar de Caión dispón de
máis de 600 seareiros. Segundo informan os responsábeis da
iniciativa, co fin de aumentar esta comunidade e afianzar a xa
existente, para participar no concurso é preciso ser fan da páxina.
Logo, unha vez que nos inscribamos deste xeito, deberemos subir nos
muros do sitio no Facebook unha ou varias fotografÃas de calquera
recanto de Caión e a súa contorna que estean vencelladas cos
valores turÃsticos, naturais, socioculturais e medioambientais do
concello de Laracha e etiquetalas co elemento #MardeCaion. Outra
condición fundamental para optar ao premio é que as fotografÃas
estean realizadas cunha cámara de dispositivo móbil (teléfono ou
tableta), ademais de ser propias, actuais ou non, orixinais e non
premiadas anteriormente.
Dende a web Mar de Caión crearase un álbum con
estas imaxes para que os seareiros voten a súa favorita. A imaxe que
máis votos reciba gañará un xantar ou cea para dous persoas nun
local da Rede de Hostaleiros Mar de Caión.