Confirman a sanción ao Concello de Málaga pola súa rede Wi-Fi pública
xoves 15 de setembro do 2011, por |
A primeiros do
ano pasado a Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT) impuxo ao Concello de
Málaga unha sanción de 300.000 euros por ofrecer servizos de comunicacións
electrónicas sen estar inscrito no rexistro de operadores, no que consideran
que trátase dunha infracción moi grave ao explotar unha rede pública de
comunicacións (concretamente unha rede Wi-Fi) e prestar un servizo como
provedor de acceso á Internet sen presentar ante a CMT a notificación
pertinente, multa
que vén de confirmar unha sentenza da Audiencia Nacional, que certifica que
os organismos públicos que ofrezan este tipo de servizos deberán cumprir coas
mesmas condicións que os operadores privados.
O Concello de Málaga pretendía levar a Internet a través de Wi-Fi a todo o seu
casco urbano, e para non ter que constituírse como operador aseguraba que a súa
rede sen fíos chamada Biznaga constituía un caso de autoprestación (ou sexa, que sería só para uso interno do Concello)
o que a CMT determinou que non era certo, por ser posible ao cidadáns acceder de
xeito a esta rede en distintos puntos da cidade.
A CMT publicou unha serie de condicións (nunha circular que podemos descargar
en formato PDF) que deben cumprir as administracións públicas que queiran
dar servizos de Internet sen fíos, como sería limitar o acceso ás páxinas das
administracións, permitir as conexións dende bibliotecas e centros educativos
sempre que os usuarios estean identificados e limitar a velocidade destas redes
e que non cheguen a edificios residenciais.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















