Comproban que os novos MacBook Pro superan os 100º de temperatura

martes, 27 de abril do 2010 Marcus Fernández

Mellorar a potencia dos ordenadores portátiles non sempre é unha boa idea, ou iso parece se atendemos a unha análise que fixeron dos novos MacBook Pro con pantalla de 17 polgadas e procesador Intel Core i7, posto que ao facer un uso intensivo destes ordenadores a temperatura que acada o seu microprocesador en condicións extremas podería superar os 100º C, superando en máis de 20º C ao seu equipo predecesor, de xeito que a súa disipación de calor a través da súa carcasa de aluminio fai imposible e mesmo perigoso colocar o equipo sobre as pernas do usuario e incluso suxeitalo pola súa parte inferior.
Ao parecer hai equipos portátiles con procesadores semellantes que non elevan tanto a súa temperatura por contar con carcasas de maior grosor, favorecendo a circulación de aire, pero o que parece claro é que Apple deberá repensar o deseño dos seus MacBook Pro máis rápidos se non queren que pasen a ter sona de servir para preparar a comida.

Un dos resultados das probas desenvolvidas cos novos MacBook Pro

PUBLICIDADE