SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Compostela acollerá a presentación do Spain Tech Center en California

xoves 2 de febreiro do 2012, por Raquel Noya | | Compartir | |

JPEG - 84.2 KB
Imaxe do acto de inauguración do Spain Tech Center

Cantas veces, dende que comezou a crise, non lle teremos escoitado a amigos e familiares do noso entorno, “que hai que saír fora do país, que España queda cativa, que aquí non hai futuro, que é preciso cruzar o charco”..., pois ben, en Red.es, na Fundación Banesto e no ICEX tamén matinaron no mesmo, e unha vez analizadas as vantaxes que acadarían, crearon a plataforma de traballo STC (Spain Tech Center), coa que abrirlle camiño no mercado norteamericano ás empresas tecnolóxicas que desexen iniciar a súa internacionalización alí.
Este centro, que entrou en funcionamento o pasado 1 de xullo, ponse agora a disposición das empresas galegas que non o coñecían, que poderán obter información privilexiada sobre o seu funcionamento nunha xornada de presentación que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro no IGAPE.
O obxectivo da xornada e informar sobre esta iniciativa, así como das accións de promoción internacional que para o sector organiza o ICEX -e que contan con colaboración de IGAPE- e das accións de internacionalización multisectoriais do Plan Cameral para o 2012.
As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico cos seus datos persoais á dirección mcp@igape.es, antes do vindeiro 10 de febreiro.
O STC está situado no distrito de SOMA, unha das áreas máis activas de San Francisco, e as empresas instaladas nel contan, entre outras cousas, con asesoramento continuado e con acceso a servizos especializados (recursos humanos, comerciais, xurídicos, fiscais...) a fin de que a súa inmersión en EEUU se desenvolva con éxito.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS