AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Commodore volve coma un ordenador integrado nun teclado

xoves 18 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A mediados dos anos 80 os ordenadores domésticos Commodore 64 foron todo un referente, conseguindo colocar uns 17 millóns de unidades no seu ciclo de vida, dando lugar a unha familia de equipos que chegou ao seu teito cos Commodore Amiga, ordenadores que competían na súa época cos Atari ST, os Apple e os IBM PC, e que estiveron á venda ata 1994, cando Commodore acolleuse á bancarrota, de aí que agora sorprenda que intente recuperar esta mítica marca, e agárdase que para primeiros de xuño chegue ao mercado norteamericano un novo equipo baixo a marca de Commodore, que o único que teñen en común cos vellos ordenadores é o concepto de ordenador integrado no teclado.
O novo ordenador de Commodore funciona cunha placa Intel G32 Express, un procesador Intel Core 2 Duo ou Core 2 Quad, ata 4 Gb de RAM, disco duro de entre 160 Gb e 2 Tb de capacidade (doado de actualizar), tarxeta gráfica Intel Graphics Media Accelerator 3100, Gigabit Ethernet, tarxeta de audio Realtek AL888 con capacidades para son envolvente Dolby Digital 5.1, 4 portos USB, 2 portos serie, 1 porto paralelo, 1 porto PS2 para rato e outro para teclado, touchpad de Synaptic con funcións multitáctiles, unidade óptica (CD ou DVD), conexión para dúas pantallas e opción para integrar conectividade Wi-Fi.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS