Cisco presenta novas solucións PLC para o fogar
xoves 2 de febreiro do 2012, por |
Para facilitar a comunicación de distintos
dispositivos que teñamos no fogar sen os problemas de cobertura que moitas
veces presentan as redes sen fíos, Cisco achega ao mercado español 2 novos
dispositivos Powerline que aproveitan a nosa instalación eléctrica, de xeito
que podemos conectar televisores intelixentes, reprodutores de Blu-ray ou
consolas de videoxogos para que poidan acceder aos servizos que achega a Rede
ou para o acceso a contidos en alta definición sen flutuacións, convertendo
calquera enchufe da casa nunha conexión á Internet para ata 4 dispositivos
simultáneos.
Esta tecnoloxía tamén pode empregarse para ampliar o alcance da nosa rede sen
fíos, de xeito que o PLC pode contribuír na instalación de repetidores Wi-Fi, o
que agradecerán os que teñan problemas de conectividade e que non poidan optar
directamente por redes cableadas por empregar dispositivos como smartphones, consolas de videoxogos
portátiles ou tablets.
As solucións PLC básicas de Cisco corresponderían aos paquetes Linksys
PLEK400 (que inclúe 2 dispositivos PLE400, cun porto Ethernet cada un, que
permiten establecer pontes de comunicación ata a 200 Mbps) e Linksys
PLSK400 (cun dispositivo PLE400 cun porto Ethernet e outro dispositivo PLS400
con 4 portos Ethernet). Para amplificar a rede sen fíos teremos unha solución
semellante coñecida como Linksys PLWK400 que estará composto por un adaptador
PLC normal e outro que fará a función de punto de acceso Wi-Fi N.

- Un dos terminais incluídos no Linksys PLSK400 permite conectar ata 4 dispositivos á vez
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















