Cisco desenvolve unha aplicación móbil para os seus routers sen fíos
mércores 11 de xaneiro do 2012, por |
Os
usuarios de routers Linksys Serie E ou modem-routers Linksys Serie X poderán agora
engadir novos dispositivos á súa rede sen fíos, xestionar o acceso de
convidados ou mudar a configuración Wi-Fi dende o seu smartphone grazas á aplicación
Cisco Connect Express, que está dispoñible
de balde a través da App Store e do
Android Market.
O software Cisco Connect pode empregarse habitualmente a través de ordenadores
Windows e Mac, pero agora tamén será doado acceder a moitas das funcións do
noso router (como forzar o seu reinicio ou actualizar o seu firmware)
directamente dende o móbil, o que resulta tan cómodo como áxil.
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















