Ciri será un personaxe xogable en The Witcher 3

martes, 16 de decembro do 2014 Marcus Fernández

A xente de CD Project RED parece tomarse moi en serio as súas producións e non queren lanzar os seus títulos sen pulir para manter o seu prestixio como estudio de videoxogos, de xeito que non lles preocupa anunciar que The Witcher 3: Wild Hunt mude a súa data de lanzamento do 24 de febreiro ao 19 de maio, o que sería o segundo adiamento deste título, pero os responsables do xogo aseguran que foron demasiados optimistas na planificación inicial deste xogo que é o máis ambicioso que fixeron até o momento, buscando converterse no mellor RPG do momento.
Pero esta non é a única novidade ao redor deste agardado videoxogo, senón que tamén desvelan unha interesante sorpresa no xogo, como é o feito de que Cirilla Fiona Ellen Riannon (Ciri) vaia ser un personaxe xogable, de xeito que, aínda que o personaxe principal continúe a ser o seu mestre Geralt, que é o que conducirá a historia e contará coas grandes posibilidades de decisión, empregando a Ciri engádese un punto de vista diferente, enriquecendo a experiencia de xogo xeral.


Último trailer do xogo

PUBLICIDADE