Chega á Rede a I edición dos Premios #Eurekas!
xoves 2 de febreiro do 2012, por |
O blog Eureka-Startups.com, especializado en emprendedores que teñen o seu punto de mira posto na Rede, vén de crear un concurso co que premiar as mellores ideas de negocio que xurdan en torno a Internet, o cal ademais de esmagar os miolos dos participantes para incentivalos a crear novas startups, tamén lle servirá como trampolín aos emprendedores que teñan ideas viables con boas expectativas para converterse en empresas de éxito.
Estes premios, que se concederán por votación popular, terán como candidatos e candidatas tódalas startups que se publicaran previamente na sección #Eurekas ou #Arquímedes , e que teñan sede en España.
En total, nesta primeira edición do concurso participan máis de 200 proxectos, moitos dos cales, segundo nos informan dende a entidade organizadora, “contan xa con gran proxección”.
As Startup gañadoras recibirán o patrocinio de Eureka-Startups.com e contarán co apoio de EC Premium de EmprendeCapital.es para poñerse en contacto con inversores dispostos a financiar os proxectos.
Asemade, entre todos os internautas que voten (ata o vindeiro 12 de febreiro) sortearanse vales de regalo por valor de 100 euros, para trocar en tres tendas virtuais creadas por emprendedores: Loisonline.com, YoLoFlipo.com e Dermofactory.com.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















