Castrelo de Miño será punto de encontro de profesionais do sector TIC o vindeiro venres

luns, 20 de abril do 2015 Marcus Fernández

Os encontros gastronómicos para profesionais e emprendedores do sector TIC, LaconNetwork, terán a súa vindeiro edición o venres ás 14:30 horas no Club Náutico de Castrelo de Miño, onde os asistentes, aparte da habitual sesión de networking, poderán participar nunha cata vertical de viño do Ribeiro Pousadoiro (colleitas de 2011 e 2013) para apreciar a evolución do viño e distinguir os matices de cada un deles. Os interesados tamén poderán completar a súa participación no evento visitando as adegas Eduardo Peña e Adega Pousadoiro, ou incluso alugar canoas ou pedaletas no Club Náutico, transformando unha xornada profesional informal nunha atractiva actividade de lecer.
Os interesados en participar nesta nova edición da LaconNetwork deberán inscribirse en liña e aboar 18 euros para sufragar o xantar.

PUBLICIDADE