PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Canal+ Alta Definición estrearase en xaneiro

venres 23 de novembro do 2007, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Trala estrea do receptor de televisión dixital iPlus, quedaba latente a infrautilización do dispositivo que non só permite gravar programas de televisión no seu disco duro de 160 Gb senón que tamén é compatible coas emisión en alta definición (tan agardadas polos posuidores dos últimos televisores de plasma e LCD), polo que Sogecable anunciou que en xaneiro estreará Canal+ Alta Definición, que pretende converterse na primeira televisión estatal en alta definición e así aumentar a súa penetración nos fogares españois.
Dende a plataforma de televisión por satélite levan tempo facendo probas coas novas emisións de alta definición, e agora poderán achegalas oficialmente ós seus clientes, que verán un atractivo no seguimento de series, películas e deportes na canle premium de Digital+, xa que se recibirán cunha calidade que ata o momento se reservaba para as películas en formatos Blu-ray e HD DVD ou ós videoxogos de última xeración para Xbox 360 e PS3.
Actualmente xa hai 70 canles de alta definición en toda Europa, e nos EE.UU. xa está bastante implantada esta tecnoloxía, existindo emisións deste tipo para o seguimento tanto de acontecementos deportivos como de contidos de ficción, de xeito que as pantallas panorámicas non resultan un elemento tan absurdo como o que supoñen en España (onde os contidos televisivos en poucas ocasións se poden ver satisfactoriamente nestes televisores).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS