Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Call of Duty: Black Ops incorporará novos modos multi-xogador

venres 3 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A saga de Call of Duty alternaba habitualmente un xogo bo con outro de inferior nivel, correspondendo aos estudos Infinity Ward e Treyarch respectivamente, pero este ano este último grupo de desenvolvemento quere desfacerse do seu sambenito, e Call of Duty: Black Ops promete rachar con todo, e aparte duns gráficos impresionantes, vai achegar innovacións xogables especialmente nos contornos multi-usuario.
CoD: Black Ops contará con modos multixogador coma Free for All e Wager Match, que son totalmente distintos ao que están afeitos os usuarios das dúas anteriores entregas desta franquía distribuída por Activision, á que tamén se incorporan os COD Points, que serven para desbloquear contidos extra no título.
No modo Wager Match os usuarios poden realizar apostas nas partidas multi-usuario, repartíndose os cartos virtuais apostados entre os 3 xogadores que acadasen maior puntuación.
O modo Free for All terá 4 modos de xogo: One in the Chamber, Sticks and Stones, Gun Game e Sharp Shooter.
Con estas novidades, dá a impresión de que non teremos máis do mesmo, coma podemos comprobar no seguinte vídeo:

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS