Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Caixa Galicia abre “a oficina do futuro” en Compostela

mércores 8 de xullo do 2009, por Raquel Noya | | Compartir | |

Caixa Galicia, na súa teima por adentrarse de cheo nas novas tecnoloxías e non deixar que o tren da dixitalización e as TIC pase de largo polo noso país, vén de presentar unha nova sede para o seu Centro de Estudos Económicos, o cal integra as áreas de traballo do Centro de Investigación Económica e Financieira (CIEF), diversas aulas de formación do Instituto Tecnolóxico e Empresarial (ITE Caixa Galicia) e unha zona de implantación das novas tecnoloxías da información no denominado Centro On, situado nun edificio centenario do casco histórico de Santiago de Compostela.
Este novo Centro de Estudos da entidade galega, vai mobilizar, segundo veñen de anunciar os seus responsables,”un plantel de 103 investigadores económicos de toda España, así como profesores das mellores escolas de negocios para a formación de cadros directivos das empresas”.
Deseñado como unha infraestrutura socioeconómica para achegar ferramentas de análise e formación ao tecido empresarial galego, o Centro de Estudos Caixa Galicia será oficialmente inaugurado mañá ás 19.00 horas polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e polo director xeneral de Caixa Galicia, José Luis Méndez.
Situado no corazón histórico compostelán, no número 33 da Rúa Nova, este espazo dispón de máis de 1.500 metros cadrados que serán a sala de mandos de boa parte da actividade investigadora e formativa da entidade.

Esta construcción centenaria, na que van coincidir tres espazos e usos diferenciados, albergará, entre outras cousas, dúas aulas e unha sala de conferencias a través das cales se instrumentará unha ampla oferta formativa dirixida tanto a profesionais e directivos como a persoas recén tituladas.
Os cursos, que comezarán despois do período estival, incluirán actividades sobre Economía e Finanzas, Dirección de Empresas e Tecnoloxía, as tres áreas de especialización de ITE.
Por outra banda, na planta baixa do novo Centro de Estudos Caixa Galicia intégrase un Centro ON, un avance do que serán as oficinas bancarias do futuro, dotadas das máis altas prestacións tecnolóxicas e totalmente abertas ao público.
Logo da “satisfactoria experiencia” co primeiro destes espazos, o Centro ON Caixa Galicia de A Coruña, os responsables da iniciativa esperan converter o número 33 da Rúa Nova compostelana “nun escenario habitual da vida de todos os composteláns”, poniendo á súa disposición ata catorce postos de navegación libre e cinco de navegación titorizada, nos que se impartirán cursos de balde de iniciación ás novas tecnoloxías da comunicación.
Asemade, os investidores poderán disfrutar, segundo afirman dende Caixa Galicia, “dunha zona específica e o servizo ON Broker, con todo tipo de información e asesoramento en tempo real sobre os mercados financieiros internacionais”.
O inmoble rehabilitado agora como sede do Centro de Estudos Caixa Galicia foi, durante 30 anos (1974-2007), a sede da Biblioteca Club 33, ampliada e trasladada dende hai dous anos a un espazo máis amplo do ensanche compostelán.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS